A Delegación de Catequese da Diocese de Santiago participa na VIII Xornada Nacional de Godly Play en España que se celebrará en Barcelona os días 1 y 2 de Marzo. Reuniránse máis de cincuenta coñecedores desta metodoloxía ao redor do tema “Espacios de aprendizaxe e internalización” con unha conferencia a cargo de M. Núria Miró, directora do Col·legi Montserrat de Barcelona, pioneiro en incorporar metodoloxías innovadoras nas aulas, entre elas Godly Play.

O delegado de Catequese, Miguel López Varela, será o coordinador dun dos talleres da Xornada que versará sobre como implementar Godly Play na catequese.

A Delegación promove o coñecemento do método Godly Play como parte dunha proposta para unha catequese renovada. A Delegación de Catequese da Diocese de Santiago promove esta metodoloxía pola súa riqueza, sobre todo, no seu aspecto bíblico-narrativo e pola posta en valor que fai da espiritualidade infantil.

Godly Play é unha das diversas variacións da tradición Montessori aplicada á educación relixiosa. Procede do traballo de Sofia Cavalletti e foi creada e desarrollada a partires de 1974 en EE.UU. por Jerome Berryman.

Na nosa Diocese, a Vigairía de Enseñanza e Catequese está facendo algúns materiais para crear unha aula, e poñer algunhas das historias a disposición dos catequistas.

Godly Play xa se está experimentando nalgunhas parroquias do nosa Diocese.