Historia de Catequesis de Galicia

No ano 2006, o Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela, por entón coordinado polo sacerdote salesiano Eugenio González Domínguez, iniciou a chamada “Rede conexión catequistas”. Con ela pretendeuse crear unha plataforma común que permitise poñer en contacto aos catequistas da Arquidiocese compostelá co Secretariado, e aos catequistas entre si. A través dun correo electrónico promovíase a comunicación e o intercambio de información, formación e experiencias cunha periodicidade semanal.

Aos poucos, esta incipiente “rede de catequistas”, comezou a crecer e nela fóronse integrando catequistas doutras dioceses galegas así como doutras partes do mundo. Desde o ano 2015, esta innovadora e rica iniciativa integrábase dentro dos proxectos promovidos polos Secretariados de Catequeses de Galicia, composto polas cinco dioceses galegas que conforman a Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela.

Como consecuencia, creouse un portal web, catequesisdegalicia.org, e o espazo de recursos catequísticos, recursos.catequesisdegalicia.com.

Ademais, incorporáronse as novas “redes”, as “redes sociais”. De modo que agora pódese realizar este intercambio entre catequistas non só por medio do mail ou correo electrónico, senón a través da Rede X (antes Twitter), Facebook e Instagram.

Desde entón, esta Rede non deixou de crecer, tanto nos seus membros, como na pluralidade de procedencia dos mesmos, que vai máis aló dos confíns gallegos e españois. No ano 2023 alcanzábase a cifra de 4500 catequistas rexistrados, «conectados» en rede.

A través desta gran Rede difúndense semanalmente, de maneira totalmente gratuíta, algúns materiais correspondentes aos proxectos do Equipo de Catequese de Galicia:

• Por se pode ser útil,

• #Catequesecomezanacasa,

• Catequese Dis-FE-rente,

• Eco-evanxeo

• Por se che pode interesar, correspondente ás noticias catequísticas nacionais e internacionais que poidan ser de interese.

Pola súa banda, todos os que pertencen á «rede» teñen a oportunidade de compartir os seus propios recursos catequéticos e as súas experiencias, de modo que se poidan poñer ao dispor de todos e todos nos enriquezamos mutuamente. Basta con compartilo esta experiencia a través do correo electrónico info@catequesisdegalicia.com

Este servizo é libre e gratuíto. Se estás interesado en pertencer a ela: Anímate e inscríbete! BIENVENIDO Á FAMILIA “Rede de catequistas”, e non deixes de compartirnos con outros catequistas e de compartir connosco os vosos testemuños, materiais, ilusión….

Botón volver arriba