Actualidad

Sínodo dos nen@s da Diocese de Santiago

Un día espléndido, con máis cor pola alegría dos nen@s que polo tempo, que pouco a pouco foi mellorando ao longo da xornada. Ás once da mañá do Sábado 6 de maio chegaban nen@s da catequese de diferentes lugares da diocese e ían facendo grupo no pabellón de deportes do Seminario Menor de Santiago. Con anterioridade don Julián recibiu cartas e vídeos dos nen@s, onde eles facían a súa aportación e mostraban as súas inquedanzas. Talleres pola mañá organizados pola Delegación de Infancia e Xuventude (colaboraron Seminario Maior e Menor, Delegación de Catequese, Don Bosco, 5+1,…), canto, baile, un gran xogo despois de xantar, peregrinación á Catedral e a celebración da Eucaristía. Na misa participaron nenos que representaron as distintas zonas da diocese na proclamación das lecturas, na ofrenda ao Apóstolo e no incenso que o Botafumeiro espallou pola catedral. Rematou a xornada cunha foto conxunta na escaleira de Praterías, onde don Julián fixo tamén selfies cos nen@s, firmou autógrafos, e despediuse case de un en un ou de grupo en grupo dos nen@s que se dispoñían a voltar ás súas zonas de orixe.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba