O pasado 11 de xuño do presente ano o papa Francisco creaba o ministerio laical do catequista. Un servizo eclesial tan antigo como a Igrexa mesma, ademáis de fundamental para a evanxelización de todos os tempos.

Hoxe, domingo 19 de setembro, no programa «Polo camiño da fe» da Televisión de Galicia, emitiuse un programa adicado ó «Ministerio da Catequese». Por se non o puideches ver, pinchando na imaxe que tes debaixo, accederás ó programa.