Este domingo daremos o “pistoletazo” de saída da catequese nas parroquias da Diócese de Santiago de Compostela para este curso 2021-22 coa misa das 10 da mañá televisada pola televisión autonómica (TVG).
Un curso que recorda, como indica o seu lema, que “a catequese continúa na parroquia”, onde é posible desenrolar todos os aspectos da vida de fe.
Presidirá a celebración o Bispo Auxiliar de Santiago, Mons. don Francisco Prieto, acompañado do Delegado Diocesano de Catequese, don Miguel López.
Nela participarán distintos catequistas vindos de varias partes da Diócese, en representación dos diversos grupos que están presentes nas nosas parroquias: papás e mamás catequistas, mozos catequistas e relixiosas catequistas. Nesta cerimonia renovarán o seu compromiso como catequistas de ser acompañantes na fe, e recibirán ao final da Eucaristía o mandato e o envío misioneiro ás súas parroquias das mans do Bispo.
A celebración desenrolarase tamén en torno a cruz de Lampedusa, feita coa madeira dunha das barcazas que transportaba inmigrantes de Sudáfrica en dirección a Italia, e que se afundiu nas costas desta illa italiana. Máis tarde, na que foi a súa primeira viaxe apostólica, o Papa Francisco visitaba esta illa para coñecer de primeira man esta dramática realidade, e diste modo esta cruz converteuse en todo un símbolo do mal que está acontecendo no Mediterráneo e do compromiso cristián por redimilo.
O sinal do cristián é a Santa cruz. Así comezaban os vellos catecismos da fe, así comezan este ano na Diócese de Santiago a catequese.