O significado das cores dos continentes

A cor verde, lémbranos as verdes selvas habitadas polos nosos irmáns africanos.  A cor vermella, simboliza o sangue derramado polos mártires que deron a súa vida durante a evangelización de América. A cor branca, lémbranos á raza aria, orixinaria de Europa e á cor das vestiduras do papa, que tamén ten nel a súa sede.   A cor azul fálanos de Oceanía, cos seus miles de illas esparexidas nas azuis augas do Océano Pacífico. A cor amarela tráenos á memoria a Asia, poboada en gran parte por razas desta cor.

O ROSARIO MISIONEIRO

diferentes de contas, un por cada misterio. O primeiro misterio é de cor verde e rézase por África. O segundo é de cor vermella e rézase por América. O terceiro é por Europa e é de cor branca. O cuarto, de cor azul, é por oceanía. O quinto, finalmente, é amarelo e rézase polos habitantes de Asia.

O mes de Outubro está dedicado a intensificar a nosa oración a través do Rosario Misioneiro. Nel pedimos por todos os misioneiros que se atopan predicando polo mundo. Eles levan a misión de anunciar a salvación aos irmáns.

 

Para rezar:

Como se reza o Rosario Misioneiro?

1.- Comézase co Sinal da Cruz.

2.- Rézase a oración de Perdón ou Contrición.

3.- Despois de enunciar cada misterio rézase o Noso Pai, 10 Ave María, gloria e remátase con Ave María Purísima.

Os misterios do Rosario: Son 20 pasaxes da vida de Xesús extraídas dos Evanxeos, desde a súa infancia ata a súa ascensión ao ceo e a vinda do Espírito Santo; a estas 20 pasaxes chamámoslles “Misterios” e están divididos da seguinte maneira:

Misterios Gozosos (Luns e sábado)

1° A Anunciación do Anxo a María.

2° A visitación da Virxe María á súa curmá Santa Isabel.

3° O nacemento do Fillo de Deus.

4° A presentación de Xesús no Templo.

5° O Neno Xesús é achado no Templo.

Misterios Luminosos (Xoves)

1° O bautismo de Xesús no río Xordán.

2° A autorrevelación nas vodas de Caná.

3° O anuncio do Reino de Deus.

4° A Transfiguración de Xesús.

5° A institución da Eucaristía.

Misterios Dolorosos (Martes e venres)

1° A oración de Xesús no Horto das oliveiras.

2° A flaxelación do Señor.

3° A coroación de espiñas.

4° Xesús coa Cruz ao lombo camiño ao calvario.

5° A Crucifixión e Morte de Xesús.

Misterios Gloriosos (mércores e domingo)

1° A resurrección do Señor.

2° A ascención do Señor.

3° A vinda do Espírito Santo sobre a Virxe María e os apóstolos.

4° A Asunción da nosa Señora aos ceos.

5° A coroación da Santísima Virxe como reina de todo o creado.

 

Finalmente remátase coas letanías:

Señor, ten piedade de nós Señor, ten piedade…
Cristo, ten piedade de nós Cristo, ten piedade...
Señor, ten piedade de nós Señor, ten piedade…
Cristo, óenos Cristo óenos
Cristo, escóitanos Cristo escóitanos
Deus, Pai, que queres que todos os homes se salven Ten piedade de nós Deus,
Fillo Redentor do mundo, que sufriches morte de cruz por todos Ten piedade de nós Deus,
Espírito Santo que atraes aos homes ao coñecemento da verdade Ten piedade de nós
Santa María, Raíña das Misións Roga polo mundo
San Pedro Roga polo mundo
San Francisco Xavier Roga polo mundo
Sta. Teresiña do Neno Xesús Roga polo mundo
San Marcos Roga por África
San Agostiño de Numidia Roga por África
Venerable Carlos de Foucold Roga por África
Santos Mártires de Uganda Roga por África
Beata Clementina Anuarite Roga por África
San Juan Diego Roga por América
San Francisco Solano Roga por América
Santa Rosa de Lima Roga por América
San Martín de Porres Roga por América
San Felipe de Xesús Roga por América
Santo Toribio de Mogrovejo Roga por América
San Pedro Claver Roga por América
Beatos e Santos do Novo Mundo Roguen por América
San Bonifacio de Alemaña Roga por Europa
San Agustín de Canterbury Roga por Europa
San Patricio de Irlanda Roga por Europa
San Remigio de Reims Roga por Europa
San Leandro de Sevilla Roga por Europa
San Christian Rei de Dinamarca Roga por Europa
Beatos e Santos do Vello Mundo Roguen por Europa
Pai Damián de Hancy Roga por Oceanía
San Pedro Chanel Roga por Oceanía
Estrela do Mar Roga por Oceanía
Beatos e Santos das innumerables Illas Roguen por Oceanía
San Andrés Roga por Asia
Santo Tomás Roga por Asia
San Juan de Brito Roga por Asia
Beato Teófano Venerd Roga por Asia
Beato Valentín Berreochoa Roga por Asia
Santos Mártires de Corea Roga por Asia
Beatos e Santos Mártires de China e Xapón Roguen por Asia
Año de Deus que quitas o pecado do mundo Perdóanos Señor
Año de Deus que quitas o pecado do mundo Escóitanos Señor
Año de Deus que quitas o pecado do mundo Ten misericordia de nós

Folleto descargable