Este sábado dará comezo, en Riveira, o primeiro curso de promotores de Godly Play da nosa Diócesis. Ten coma finalidade capacitar ós que xa fixeron o Curso de formación base para se covertir en divulgadores diste método de formación relixiosa de nenos, adolescentes e adultos, baseado nos principios metodolóxicos de Montessori.

Godly Play estase estendendo na nosa diocese. Xa somos máis de trinta persoas formadas no curso básico acreditado deste método. Como decía Pierre Teilhard de Chardin confiando no lento traballo de Deus imos aprendendo historias, desenvolvendo talleres de materiais e con gran ilusión estámolo implementando como parte da nosa catequese en varias parroquias.

E para dar un pasiño máis neste camiño a asociación Godly Play España ofértanos este sábado a posibilidade de seguir formándonos e creando rede axudando ao crecemento e promoción do método. Trataremos cuestións prácticas sobre como presentalo, como facer unha sesión de proba, como dar resposta as preguntas máis frecuentes que de seguro nos fan os que oen falar por primeira vez deste método. Sen esquecer como apoiar os círculos/equipos que se forman de practicantes Godly Play.

É para nós un proxecto ilusionante co que queremos poñer o noso gran de area na arquidiocese para unha catequese renovada.

Anaís Ferreiro, Coordinadora Diocesana de Godly Play
Delegación de Santiago de Compostela