Primeiro Curso Edap en Serres

Durante estes días están a reiniciar a súa actividade na Diocese de Santiago de Compostela as diversas sedes da Escola Diocesana de Axentes de Pastoral  ( EDAP). Pouco a pouco, as case trinta sedes, diseminadas pola ampla xeografía da nosa Diocese, despois de cursar un ano de formación base, comezarán o curso específico de catequese, liturxia, pastoral da saúde, pastoral familiar, curso de cáritas ou un curso complementario. Con todo, durante o primeiras catro sesións impartirase unha formación xeral e común a todas as sedes da EDAP sobre os ministerios e o laico na Igrexa. Os itinerarios «Discípulos misioneiros» ofrecidos pola Escola Diocesana de Axentes de Pastoral ( EDAP), pensado para a formación dos axentes de pastoral nas futuras Unidades Pastorais ( UPAS), comezaba o ano pasado cun curso base de fundamentación teolóxica e pastoral. Cada curso consta de dezaseis sesións, distribuídas da seguinte maneira: unha asemblea inicial de curso (encontros de inicio de pastoral por Vigairías), dous retiros (Advento e Coresma), unha Asemblea Diocesana de final de curso (8 de xuño de 2019), e doce sesións formativas en cada unha das seis especialidades que se ofertan este ano. Destas sesións, as catro primeiras son comúns a todas as sedes e especialidades (sobre os ministerios laicales na Igrexa), e as oito restantes corresponderán a cada un dos itinerarios propostos.

Esta semana comezan o segundo curso as sedes de Castrelo e Noia o venres, e Pontedeume o sábado.

          

 

A Escola de Axentes de Pastoral naceu a proposta do Sínodo diocesano (2013), cuxos traballos finalizaron en febreiro do ano pasado (2017). Tras catro anos de reflexión, a Asemblea sinodal detectou na igrexa compostelá a necesidade de intensificar a formación dos cristiáns laicos para que poidan asumir un papel máis activo dentro da Igrexa como axentes nas diferentes pastorais; e, en especial, para que poidan colaborar eficazmente na renovación pastoral, que é un dos grandes retos do futuro da nosa Diocese.

Bo curso a todos.