A Delegación de Catequese participou cun taller no Encontro Diocesano de Nenos deste ano 2019 que tivo lugar o día 1 de maio no Seminario Menor de Belvís e nos Salesianos de Santiago. Uns 30 nen@s, algúns acompañados de seus pais, achegáronse coa axuda de catequistas e voluntarios á persoa de José Sanchez del Río (Joselito), santo e mártir con 14 anos. Con cantos, baile, o xogo da Oca e un momento de oración-reflexión disfrutamos da mañá do día primeiro de maio. Felicidade, sencillez, amor, obediencia, oración e traballo convertíronse nas sinais que nos levan da man cara a santidade. Unha experiencia que completa o arcebispo don Julián na homilía da Eucaristía que pola tarde celebramos na igrexa dos Franciscanos: «Eu rezo por vós para que vos atrevades a ser santos; e vos rezade por nós para que nos atrevamos a ser santos cada día…»

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.