Día da igrexa diocesana 2019

«Sen ti non hai presente. Contigo hai futuro»

«Sen ti non hai presente. Contigo hai futuro» é o lema do Día da Igrexa Diocesana 2019 que se celebra o domingo 10 de novembro. O secretariado para o Sostemento da Igrexa convídanos a colaborar coa nosa parroquia aportando o que temos: o teu tempo, as túas calidades, a túa colaboración económica e a túa oración. Trátase de facer xuntos unha parroquia viva, comprometida, apaixonada por Xesucristo e entregada aos demais. Por iso, ofrécenche un abanico de posibilidades para colaborar e poñer ao servizo dos demais na túa parroquia non só o que tes, tamén o que sabes, o que es. Pois en toda familia hai necesidades, e a parroquia é unha gran familia de familias que sempre necesitará da túa axuda. Tamén, desde Xtantos, sinálanche como facer os teus donativos e propóñenche intencións polas que rezar, porque a túa oración é necesaria e será a alma de toda a actividade que se realice. Con ela, os froitos serán maiores e máis permanentes.
aaaaa
aaaaa

 

Colabora co teu TEMPO

Dedica algo do teu tempo na túa parroquia aos demais. O tempo que poidas: media hora, unha, tres horas… O que se axuste á túa situación de vida.

 

Hai moitas actividades nas que podes

  • Catequese
  • Cáritas na túa parroquia
  • Nalgún grupo que colabore coas Misións
  • Pode haber persoas que reflexionen sobre a vida ou a situación social e queren comprometerse con ela.
  • Pode ser coa túa oración
  • Axudando a manter o templo aberto, a coidalo.

Xuntos facemos unha parroquia viva, comprometida, apaixonada por Xesucristo e entregada aos demais.

Liturxia Día da Igrexa Diocesana

Carta pastoral DID 2019 Responsables no presente. Confiados no futuro

«A Diocese debe verse e sentirse como unha gran familia na que ninguén sobra e todos somos necesarios, vivindo como comunidade de fe, esperanza e caridade».

(Da Carta Pastoral de Don Julián)