A Delegación de Catequese da Diocese de Santiago está participando neste fin de semana na VIII Xornada Nacional de Godly Play en España, que se celebrará en Barcelona. Neste encontró Reuniránse máis de cincuenta coñecedores desta metodoloxía ao redor do tema “Espacios de aprendizaxe e internalización”.

O Delegado de Catequese, Miguel López Varela, xunto con algúns dos membros do equipo diocesano de Godly Play (Anaís, Susi e Carmen), será o coordinador dun dos catro talleres da Xornada de hoxe. O taller, que está previsto que sexa ás 16:30, versará sobre como implementar Godly Play na catequese. O resto de talleres xirarán sobre cómo iniciar esta metodoloxía, ou sobre outros ámbitos onde se pode empregar: escola e fogar.

O taller de “Godly Play e a catequese”, plantéxase como un encontro de diálogo sobre as posibilidades que Godly  Play ofrece para enriquecer as nosas catequeses ordinarias. Partirase da realidade  catequética que se ten nas parroquias, tanto a situación dos catequistas, como por outra banda a realidade das catequeses, coas súas principais problemáticas e retos. A continuación mostrarase como e en qué medida Godly  Play pode axudarnos e mellorar as nosas catequeses empregando os seus principios pedagóxicos e a súa metodoloxía. O diálogo pretende concluír ofrecendo algúns elementos prácticos que poidan axudar a:

– introducir Godly Play nas catequeses ordinarias parroquiais para melloralas: como empregar os principios pedagóxicos de Godly Play, o seu método e a súa estrutura na catequese; a distribución das historias no temario anual de catequese e a organización do espacio para as sesión de catequese);

– desenvolver un espazo de  Godly  Play nas parroquias como sala de catequese: como e por onde comezar; con qué historias comezar; a organización do espacio; a creación dos materiais.